Derradeiros días para solicitar as axudas municipais destinadas á compra de material escolar en Baños de Molgas

OurenseXa
As solicitudes poderán presentarse até o 30 deste mes
material-escolar
5 Sep 2026

O Concello de Baños de Molgas ten aberto até o 30 de setebro o prazo para solicitar as axudas destinadas á compra de material escolar para o alumnado do CEIP Baños de Molgas.

Para poder xustificar a subvención concedida será imprescindible presentar a factura da compra do material escolar, un requisito necesario para acceder á axuda.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal. Ademais, o Concello ofrece información a través do teléfono 988 43 00 00 e nas oficinas municipais para resolver calquera dúbida relacionada coa tramitación das solicitudes.

0.15950512886047