Dez jiujitsukas do Club Marbel representan a Ourense no II Torneo Nacional de Jiu Jitsu “Memorial Patricia Martín Blanco”

OurenseXa
O equipo estará integrado por Leire Carrera, Catuxa González e Christian Álvarez
equipo-marbel
22 May 2026

Un total de dez deportistas do Jiu Jitsu Club Marbel participarán esta fin de semana no II Torneo Nacional de Jiu Jitsu “Memorial Patricia Martín Blanco”, que se celebrará os días 23 e 24 de maio no pavillón “Patricia Martín”, en Parla (Madrid).

A competición dará comezo o sábado 23 coas probas individuais. Na categoría sub-18 participarán Catuxa González e Gretel Pazos. Nesa mesma franxa de idade, Bea Nesi e Carla Seoane competirán ademais na modalidade de dúo. Tamén en sub-12 participarán Alicia Pazos e Álvaro Seoane, que combinarán probas individuais e de dúo. Na categoría absoluta, Yago-Nguyen Rodríguez e Juan Seoane competirán na categoría de -85 quilos.

O domingo 24 disputarase a competición por equipos, na que o Club Marbel formará unha selección conxunta con deportistas do ximnasio Línea Sport de Valencia. O equipo estará integrado por Leire Carrera (-63 kg), Catuxa González (+63 kg) e Christian Álvarez (+85 kg), quedando como suplentes Juan Seoane e Yago Rodríguez.

Na edición anterior, Leire Carrera conseguiu a medalla de ouro en loita sénior, mentres que Yago-Nguyen Rodríguez logrou a prata. A expedición estará dirixida polos mestres Felipe Iglesias e Anita Fernández Moráis, que confían no bo nivel competitivo do grupo e na progresión dos deportistas máis novos nas categorías base.

0.13054585456848