Eladio Santos destaca a aportación do Goberno central en medidas de aforro enerxético en Barbadás

OurenseXa
Estas medidas “permiten unha importante redución das facturas e un aumento das posibilidades de inversión deste Concello”, destaca
D023462E-9B71-44B1-B519-5C866D273A52
Eladio Santos visita o Concello de Barbadás
10 Jul 2024

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, realizou unha visita de carácter institucional ao Concello de Barbadás.

Continuando coa rolda de contactos que o máximo responsable do Goberno de España na provincia está a levar a cabo, Santos reuniuse hoxe co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, para abordar os proxectos estratéxicos que se desenvolveron nos últimos tempos no municipio e aqueles que están en trámite de execución.

Ademais, con esta visita, o subdelegado do Goberno buscou coñecer de primeira man as principais necesidades do municipio, como así lle manifestou o rexedor.

Eladio Santos destacou a “aportación do Goberno central á financiación do Concello de Barbadás e a inversión en medidas de aforro enerxético, que permiten unha importante redución das facturas e un aumento das posibilidades de inversión deste Concello”.

0.17089796066284