Entregados os premios do Concurso de decoración de escaparates de Nadal 2024

OurenseXa
O Concello de Ourense concedeu unha Mención especial ao Servizo de Atención ao paciente e Humanización do CHUO
Entrega dos premios do Concurso de Escaparates de Nadal de Ourense 2024
Entrega dos premios do Concurso de Escaparates de Nadal de Ourense 2024
20 Dec 2024

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá o acto de entrega de premios do Concurso de decoración de escaparates de Nadal 2024, organizado polo Concello de Ourense coa colaboración do CIFP Portovello e Ecourense UTE. 

O certame ten como obxectivo visibilizar e apoiar o comercio local mentres se contribúe á mellora do ambiente de Nadal na cidade, e contou nesta edición coa participación dun total de 126 establecementos e repartiu un total de 8.800 euros en premios.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o director, Abel Ocampo, e alumnado do CIFP Portovello, e o xerente de Ecourense, Javier David, entregaron os premios aos locais gañadores desta edición.

O primeiro premio, por importe de 3.000 euros, foi para a Óptica Samuel Eiján, na rúa Samuel Eiján, 11. O segundo premio, por importe de 2.000 euros, foi para Lecer, na rúa Bedoya, 29, e  o terceiro premio, de 1.000 euros, foi para a farmacia Martínez de Paz, na rúa Francisco Moure, 22.

Os accésits, de 400 euros cada un, recaeron no Centro de día A Ponte (rúa Basilio Álvarez, 7), Florylipia (avda. de Zamora, 118), Personal Kitchen (avenida de Zamora, 154), Blumé (rúa da Concordia, 32), Mercería La Moderna (rúa Manuel Pereira, 10), El Lío Urban Bar (praza de Santa Eufemia,3) e Lotería Anta (Galerías Centrais, rúa do Paseo,10)

O Concello de Ourense tamén quixo facer unha mención especial ao Servizo de atención ao paciente e humanización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) coa entrega dun diploma honorífico.

0.16961288452148