Esgos avanza cara a redución do consumo enerxético no concello

OurenseXa
Buscan aumentar a eficiencia enerxética das súas luminarias e reducir o consumo
esgos-alumeado
30 Nov 2024

O Concello de Esgos avanza cara a redución do consumo enerxético a través de diversas actuacións levadas a cabo no alumeado público.

Concretamente, nos últimos meses o Concello instalou luces en Rebordiños, A Granxa, Cachamuiña e Regueiro, Soutelo, Quinta e A Lama na parroquia de Santa Olaia.

Ademais, comenzaron os traballos para cambiar o alumeado na parroquia de Quinta do Monte, concretamente na Cernada, que continuarán co resto da parroquia o vindeiro ano.

Por outra banda, o Concello cambiou o alumeado público de Achas e Tarreirigo a LED, que anteriormente anteriormente xa se mudara en As Meiroás, Fondodevila, Casanova, Porta do Sol, Cabalgada, As Vendas, Folgoso, Gomariz e Lobaces. O obxectivo deste cambio é reducir o consumo enerxético.

0.16844511032104