Estudantes da UVigo reivindican o papel da educación social no deporte

OurenseXa
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'
xornadas-educacion-deporte
Xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'
5 may 2024

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu esta semana a xornada Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente, co obxectivo de reivindicar o papel da educación social no deporte.

Así, as xornadas quixeron visibilizar a importancia das relacións sociais en todos os níveis, así como  xestión das emocións e a saúde mental no deporte.

Millán Brea, promotor da actividade, educador social e coordinador da Área Social do Club Ourense Baloncesto, destacou que o obxectivo principal desta xornada foi “visibilizar que hai un ámbito na educación social que é o deporte e que non se está a traballar nel dun xeito diferenciado”. Porén, recalcou, na cidade de Ourense, estanse a facer “cousas moi interesantes” neste eido e en moitas ocasións a cargo de tituladas do Grao de Educación Social que se imparte no campus.