Expertos internacionais reúnense en Allariz no I Foro de Emprendemento Rural

OurenseXa
Durante o encontro, organizado pola Fundación Roberto Rivas, entregarase o Premio ao Emprendemento Rural Innovador, dotado con 15.00 euros
Foro Emprendemento Rural, Allariz
Foro Emprendemento Rural, Allariz
12 Dec 2024

Allariz inaugurou este xoves o I Foro de Emprendemento Rural, que se desenvolverá durante as xornadas de hoxe e mañá, venres 13 de decembro, no Hotel OCA Vila de Allariz e que reunirá a expertos internacionais poñendo a este concello no epicentro do emprendemento rural a nivel internacional.

O evento está organizado pola Fundación Roberto Rivas e inclúe obradoiros, paneis e actividades de alto nivel “ofrecendo unha oportunidade única para aqueles que impulsan o emprendemento innovador no ámbito rural”, explican desde a organización.

Ademais, durante o encontro entregarase o Premio ao Emprendemento Rural Innovador, dotado con 15.00 euros.

0.16441822052002