Fran Carmona reforza a defensa do Ourense CF

OurenseXa
O defensa central, que a tempada pasada xogou no CD Teruel, chega ao Ourense CF para reforzar a defensa nesta nova tempada en Primeira RFEF
O Ourense CF ficha a Fran Carmona
O Ourense CF ficha a Fran Carmona
8 Xul 2024

O defensa central Francisco Carmona García, que a tempada pasada xogou no CD Teruel, chega a Ourense CF para reforzar a defensa nesta nova tempada en Primeira RFEF.

A traxectoria de Fran Carmona arrinca desde moi pequeno. Nas etapas de base pasou polo Betis e tamén polo Sevilla, polo que desde o equipo cadete alcanzou o filial na Segunda División ‘B’, chegando mesmo a adestrar cun primeiro equipo co que non tivo a sorte de debutar. Foi entón cando o seu camiño tomou un rumbo novo marchándose ao filial do As Palmas ata volver á península hai dúas tempadas, as dúas en Aragón defendendo as cores do Teruel, onde logrou o ascenso a unha Primeira Federación á que agora volva enrolado no noso club.

A esta nova fichaxe súmase tamén a do centrocampista madrileño Iván del Olmo, que chega ao club ourensán para reforzar o medio campo.

0.19035792350769