Retrasos e incidencias na chegada dos trens Avril a Ourense

OurenseXa
Sen electricidade, sen servizos e con máis dunha hora de retraso: así está sendo a viaxe do primeiro tren Avril en prestar servicio en Galicia
novos-trens-avril
Novos trens Avril
21 Maio 2024

Este martes, 21 de maio, o primeiro dos novos trens Avril que conectan Ourense e Madrid tiña previsto facer a súa viaxe inaugural ás 11.12 horas da mañá. Sen embargo, unha incidencia que afectou á sinalización na Bifurcación Coto da Torre, provocando retrasos de máis duha hora en varios trens, eclipsou a chegada da nova flota.

A avaría afectou aos viaxeiros que esta mañá tiñan que desprazarse entre Santiago e Ourense e que non puideron chegar ao seu posto de traballo tras unha hora e media parados na vías. O Alvia, que tiña que chegar a Ourense as 8.22 horas con destino Madrid, estivo máis de 90 minutos parado, provocando numerosas queixas entre os pasaxeiros, tanto os que tiñan que facer parada en Ourense como os que tiñan a súa chegada a madrid prevista sobre as 11.45 horas e que non chegaron ata ben entrado o mediodía. En torno ás 10.00 horas da mañá, Adif informaba a través das redes sociais que reanudába a circulación, por unha única vía, entre Santiago en Ourense.

A avaría que terminou por converter a primeira viaxe do Avril nun fracaso, xa que a nova flota tamén está a sufrir numerosas incidencias no seu primeiro traxecto entre Ourense e Madrid.

Os viaxeiros esperaban sobre as 11.00 horas da mañá na estación de tren Ourense a chegada do tren, con destino Madrid, que terminou por retrasarse máis dunha hora. Sen información nas pantallas, houbo que esperar ata máis das 12.00 horas para que o Avril chegara á capital de As Burgas. O tren atopábase detido a tan só 500 metros da estación, pero a avería fixo que tivera que ser remolcado ata a intermodal. Pasadas as 12.30 horas, o tren comezaba a moverse, remolcado, ante a desesperación dos viaxeiros. Aos retrasos hai que sumarlle os numerosos problemas de electricidade dentro dos vagón, que quedaron sen luz e sen servicios en numerosas ocasións.

Pero as incidencias non remataron ahí. Sobre as 13.00 horas, o convoy volvía a deterse na estación de San Francisco, onde permaneceu máis de 20 minutos ata reanudar a marcha.

O traxecto entre Ourense e Madrid, que debería facerse en apenas dúas horas tras a chegada da  nova flota de alta velocidade, acumulou un retraso que supera o tempo estimado da viaxe. Así, preto das 16.00 horas, o primeiro Avril en facer o traxecto entre Ourense e Madrid chegaba a Chamartín, dúas horas e cuarto despois do previsto, nunha primeira viaxe catastrófica que provocou innumerables queixas entre os usuarios.

 

 

0.090542078018188