Investigadores de Vigo e Oviedo proban en Ourense unha nova antena para explorar covas lunares

OurenseXa
A proposta foi posta a proba con éxito no Campus de Ourense, onde foi sometida a ensaios técnicos para probar a súa resposta ás temperaturas e ao baleiro do espazo
investigadores-antena-uvigo-ourense
Investigadores de Vigo e Oviedo proban no campus de Ourense unha antena que poida funcionar no interior das covas da Lúa.
Redacción Ourensexa
24 abr 2024

Investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) e Oviedo, en colaboración coa empresa EOSOL, están a desenvolver un proxecto que ten por obxectivo proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o diseño conceptual dunha antena de comunicación que poida funcionar no interior das covas da Lúa.

A proposta foi posta a proba con éxito no Campus de Ourense, onde foi sometida a ensaios técnicos para probar a súa resposta ás temperaturas e ao baleiro do espazo.

A iniciativa, financiada pola Axencia Espacial Europea (ESA), xorde co cobxectivo de contribuir á exploración do interior das covas lunares a través dun "rover" destinado a entrar nestes espacios, moitos deles todavía sen explorar. Segundo apuntan os investigadores deste proxecto, estas covas “son formacións de interese porque poderían ser un lugar moi bo para estar protexidos da radiación, que impacta no corpo dos astronautas, e porque as temperaturas no seu interior son relativamente máis estables que na superficie, onde hai moitos de graos de diferencia do día á noite”.

O proxecto Antennas for Underground Communications rematará en xuño deste ano, e abordará o deseño das antenas tendo en conta que se enfrontarán a esta contorna descoñecida, prevéndose que sexan covas máis grandes e con superficies máis regulares que na Terra, debido á menor gravidade.