Jácome avanza o fin do "modelo de termalismo cutre" e unha nova RPT no Concello
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentou esta mañá nunha rolda de prensa a "Folla de ruta ata 2027", na que detallou as iniciativas que o seu goberno ten pensado levar a cabo nos vindeiros anos.
Abandonar "o modelo cutre de termalismo"
O alcalde de Ourense cargou esta mañá contra o que considera un modelo de termalismo "cutre", refiríndose ao modelo ourensá de termas de carácter gratuito tanto para os residentes da capital como para os visitantes.
Así, Jácome asegura que "o modelo de termalismo gratuito que temos en Ourense non pode ser un motor económico e de riqueza, xa que non atrae a miles de persoas". Por elo, avanza a creación de dous balnearios de luxo na cidade e un filtro de pago para os usuarios das termas, ata agora públicas.
"Non podemos creer nun termalismo onde a xente tema que deixar a roupa nas rocas" porque, afirma, "o que veñen son caravanas e xente de Portugal que ven e marcha o mesmo día e deixan moi pouco valor añadido”.
Polo tanto, avanza a concesión das termas de Outariz, O Muiño e As Burgas a empresas privadas, que se levará a cabo próximamente. Así, estas termas serán de pago tanto para os visitantes de fora da cidade como para os ourensáns, que poderán disfrutar delas a un coste menor.
Unha nova RPT para os funcionarios do Concello
Jácome avanzou tamen que está previsto levar a cabo nos vindeiros meses unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) no Concello de Ourense (co apoio doutros grupos políticos, xa que requiren de maioría absoluta do pleno ou, se fose necesario, a través dunha cuestión de confianza) que será "tremendamente simple" e na que "non primarán os intereses dos traballadores se non os intereses dos cidadáns".
Así, o alcalde asegura que actualmente existen unhas 300 categorías para os 750 empregados municipais, e que o único que fai eso é "entorpecer e crear postos estancos".
"Temos un Concello con centos de enchufados polo pasado caciquil deste concello", afirma. Ademais, asegura que "hay un plan para legalizar aos enchufados" e que o seu goberno está a traballar para chegar a unha nova RPT en cuestión de "dous ou tres meses".
Máis ramplas en Ourense
Outros proxectos que enunciou o rexedor son a instalación de ramplas mecánicas na Cuña, e na Rampla de Sas, o ascensor que comunicará a Avenida de Santiago e a Avenida de Marín, e un aparcamento na rúa Salvador Dalí, no barrio do Couto, dotado con 400 prazas, que se unirá a outro baixo a Praza de Concepción Arenal, que o Concello prevé remodelar e peonalizar, soterrando o tráfico rodado na zona, nunha obra cuxa execución irá a cargo do futuro contrato do servizo de augas.
Autobuses gratuitos e máis árbores para á cidade
O alcalde avanzou tamén os seus plans de instaurar a gratuidade dos autobuses urbáns. En contratación, afirmou que no mes de marzo se licitará o servizo de autobuses urbanos, que irá acompañado dunha profunda remodelación de liñas.
Ademáis, afirma que duplicará o número de árbores da cidade, para o que di, "precisamos axuda da Xunta". Por iso, asegura que ten previsto reunirse co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nos vindeiros días.
Todo isto virá recollido dentro do programa "Ourense ideal", que será publicado próximamente na web do Concello e que recollerá os proxectos que a cidade precisa desenvolver cada o futuro co seu cronograma e a situación en que se atopa cada un deles.
Cambios internos no Concello
A máis curto prazo, Pérez Jácome anunciou que este mes haberá “pequenos movementos” na asignacións de competencias nos concelleiros e concelleiras do goberno municipal como consecuencia da incorporación do edil Armando Ojea ao Parlamento de Galicia.