Jácome rexeita a petición dos praceiros de construír unha pasarela na Praza de Abastos
OurenseXa
A proposta está sendo estudada co visto bo da Xunta de Galicia

Praza de Abastos de Ourense
2 Feb 2025
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manifesta o seu “firme rexeitamento” a construír unha pasarela dende a rúa Progreso ata a Praza de Abastos de Ourense. Unha obra que melloraría a accesibilidade e permitiría ás persoas con mobilidade reducida acceder facilmente ao edificio.
Porén, para o alcalde, a obra suporía “feísmo urbanístico” e sinala que se faría para “favorecer exclusivamente ás carnicerías que estaban nesa planta antigamente e que agora pretenden volver ao renovado edificio de forma híper subvencionada”.
Polo de agora, a Xunta está a avaliar esta e outras propostas para a reapertura deste mercado, pechado desde hai xa case sete anos.