Limítase a 2.000 persoas o aforo nas piscinas de Oira ante a alerta laranxa por altas temperaturas

OurenseXa
O acceso continúa sendo libre e gratuíto ata completar a capacidade
Piscinas de Oira, Ourense
22 Jun 2026

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense activou desde hoxe un reforzo no control de aforo no recinto das piscinas de Oira, co obxectivo de garantir a seguridade e o confort das persoas usuarias ante as alertas meteorolóxicas por altas temperaturas.

A medida adóptase debido á situación de alerta laranxa por calor na cidade e afecta ao acceso ao complexo acuático, que seguirá sendo libre e gratuíto ata completar o aforo máximo permitido.

Segundo informa o Concello, a capacidade do recinto interior é de 2.000 persoas simultáneas, polo que o acceso poderá restrinxirse unha vez alcanzada esa cifra.

0.13314604759216