Luis Menor pon en valor a traxectoria da Coral de Ruada como “gran embaixadora de Ourense”

OurenseXa
A Coral de Ruada "leva desde hai máis dun século mantendo espallando e difundindo a nosa tradición máis aló do noso propio territorio”, destacou o presidente provincial
Coral-de-Ruada-ensaio
Ensaio da Coral de Ruada
18 sep 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou na tarde deste martes os ensaios da Coral da Ruada, no Teatro Principal, onde agradeceu á directiva e aos músicos que integran esta agrupación o seu “compromiso e traballo coa nosa terra, mantendo viva a nosa tradición musical de xeración en xeración ata converter á Coral de Ruada no emblema identitario da nosa provincia”.

Durante a visita, Luis Menor puxo en valor a traxectoria cultural e musical da Coral de Ruada desde a súa creación no ano 1918 afirmando que é “unha gran embaixadora cultural e musical de Ourense, que leva desde hai máis dun século mantendo espallando e difundindo a nosa tradición máis aló do noso propio territorio”.

A fundación da Coral de Ruada remóntase ao 5 de outubro de 1918 en Villa Joaquina, na avenida de Zamora, baixo o nome de "O Coro de Ruada", e presentouse ao público ourensán o día 24 de xuño de 1919, no desaparecido Salón Apolo.

0.11663699150085