Máis de 300 persoas reuniranse esta fin de semana nas probas de enduro e de trial en A Peroxa

OurenseXa
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles deste evento deportivo, que se celebrará os días 3 e 4 de febreiro
Deputacion_Ourense_probas_enduro_trial_A_Peroxa
Deputacion_Ourense_probas_enduro_trial_A_Peroxa
31 ene 2024

A Deputación de Ouernse colabora coa proba de enduro e de trial que se disputará no municipio de A Peroxa con preto de 300 participantes. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles deste evento deportivo, que se celebrará os días 3 e 4 de febreiro.

O trial será disputado en dúas xornadas (sábado e domingo) por 80 participantes e transcorrerá pola parroquia de Graices, na zona de Pousa. Mentres que, a proba de enduro comezará o sábado, 3 de febreiro, reunindo a preto de 40 cativos de entre 6 e 14 anos que competirán na modalidade “mini enduro”; e o domingo, 4 de febreiro, competirán 160 pilotos no enduro que será puntuable para a Liga da Moto de Campo.

Na presentación tamén participou o concelleiro de A Peroxa, José Manuel Rodríguez; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente do motoclub A Peroxa, José Manuel Quintas; e o responsable deportivo da Liga da Moto de Campo, Javier Quintas.