Manzaneda organiza unha andaina solidaria a favor das vítimas da DANA

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O roteiro terá lugar o domingo, 10 de novembro, e as inscricións estarán abertas ata este sábado
bosque-manzaneda
8 Nov 2024

O Concello de Manzaneda organiza este domingo, 10 de novembro, a andaina solidaria ‘Terra da castaña, ribeira da montaña’, en favor das vítimas da DANA de Valencia.

A actividade terá un custo de dez euros por persoa e as inscircións estarán abertas ata este sábado, 9 de novembro, a través do correo manzaneda.rural@gmail.com.

A ruta arrancará ás 11.00 horas da mañá cun paseo circular que sairá da Vila Medieval e pasará polo Monumento Natural Souto de Rozavales, cun percorrido de 3,61 quilómetros. Pola tarde, ás 16.00 horas, arrancará outra ruta entre a Vila Medieval e as Viñas Seoane, cun percorrido de 3,55 quilómetros.

0.16527485847473