Membros da comunidade universitaria achegan conceptos básicos de ciberseguridade ás persoas maiores

OurenseXa
A inciativa estivo impulsada pola Escola Superior de Enxeñería Informática e o Programa de Maiores do campus de Ourense
conferencia-ciberseguirdade-maiores-uvigo-ourense
Imaxe da conferencia 'Enxeñería social e ciberseguridade para adultos'
28 sep 2024

A Escola Superior de Enxeñería Informática e o Programa de Maiores do campus de Ourense organizaron conxuntamente esta semana a conferencia 'Enxeñería social e ciberseguridade para adultos'.

O acto, explican desde a universidade, estivo especialmente orientado a achegar contidos básicos neste eido ao colectivo de persoas maiores de 55 anos pero tamén ao publico en xeral interesado. A sesión correu a cargo Roberto Valente, titulado en Enxeñería Informática nesta escola e especialista en ciberseguridade do Ministerio do Interior. Cun carácter ameno e divulgativo, o experto introduciu ao público asistente en aspectos referidos á súa protección e dos seus datos no mundo dixital e a través dos dispositivos electrónicos.

A conferencia xurdiu como unha ponte entre as necesidades formativas e intereses do alumnado do Programa de Maiores do campus de Ourense e as liñas de traballo da Escola Superior de Enxeñería Informática. O feito de dirixir esta actividade concretamente a persoas de máis idade fíxose tendo en conta a organización que este colectivo soe ter máis dificultades á hora de afrontar, con garantías, a súa relación co mundo dixital, que na actualidade abrangue todo tipo de aspectos da vida cotiá, desde as relacións persoais ata as económicas.

0.073123931884766