Nace a Asociación "Barbadás Enerxía"

OurenseXa
O obxectivo é que os veciños e veciñas aforren no recibo da luz ao mesmo tempo que se promoven as enerxías renovables de cara a un futuro máis sostible
barbadas_enerxia
Nace a Asociación
3 abr 2024

Este mércores, 3 de abril, ás 18.00 horas, terá lugar a constitución oficial da Asociación Barbadás Enerxía na Casa Consistorial. A iniciativa, inspirada no modelo de Comunidade Enerxética presentado anteriormente, representa un avance significativo na procura de solucións enerxéticas sostibles e accesibles para os cidadáns de Barbadás.

O obxectivo é que os veciños e veciñas aforren no recibo da luz ao mesmo tempo que se promoven as enerxías renovables de cara a un futuro máis sostible, demostrando o compromiso do Concello de proporcionar un maior benestar e calidade de vida aos seus cidadáns, ao tempo que fomenta a sostibilidade e a eficiencia enerxética.

A asociación “Barbadás Enerxía” ten como obxectivo principal promover o uso de enerxías renovables e sostibles na comunidade, co fin de reducir os custos de enerxía e contribuír ao coidado do medio ambiente.

Durante a reunión de constitución, presentarase un plan detallado sobre como a asociación “Barbadás Enerxía” levará a cabo as súas actividades, así como as oportunidades de participación para os residentes locais. Invítase a todos os asistentes a compartir ideas e contribuír ao éxito desta iniciativa comunitaria.