Nogueira de Ramuín acolle o Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

O evento está valorado como un dos mellores eventos do Kickboxing, tanto a nivel autonómico como nacional
trofeo_kickboxing_luintra
Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra
20 abr 2024

O Club de Escolas Deportivas  de Nogueira de Ramuín organiza a sexta edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, que terá lugar o vindeiro domingo, 14 de abril, no Pavillón Municipal de Luintra.

O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, é un programa deportivo cuxo fin, é a promoción da práctica deportiva como medio de integración social, cultural e deportivo, así como a promoción do deporte como medio saudable de vida, apuntan dende a organización.

O evento esta valorado como un dos mellores eventos do Kickboxing, tanto a nivel autonómico como nacional. Dende a organización lembran que a filosofía deste proxecto "consiste en facer un evento por e para o deportista, onde poida gozar desde os días previos, ata a seguinte edición".

Na pasada edición, o evento contou con algo máis de 200 deportistas pertencentes a catro comunidades autónomas e a selección portuguesa, facendo deste trofeo un referente nacional. Para a “VI Edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra”, proxéctase a participación de escolas deportivas de toda a península ibérica, aumentando considerablemente o número de rexistrados, aseguran dende a EE.DD. de Nogueira de Ramuín.

Ademáis do Trofeo, haberá tamén actividades gratuitas para os máis pequenos, cunha festa infantil e xuvenil que arrancará ás 16.30 horas,. Ademáis, a partir das 19.00 horas haberá unha Disco Móvil tamén de carácter gratuito para todos os que queiran asistir.