Nova xornada de asesoramento do proxecto Re-Habita Rural Lab no Concello de Coles

OurenseXa
A sesión será este luns e está dirixida a persoas que desexen rehabilitar a súa vivenda e a propietarios que estean valorando dar un uso aos seus inmobles mediante a súa cesión ou transmisión
Casa_do_concello_de_coles
14 Jun 2026

A vindeira semana celebrarase unha nova sesión de asesoramento do proxecto Re-Habita Rural Lab, unha iniciativa centrada na rehabilitación de vivenda no ámbito rural e na mobilización de inmobles no territorio.

Segundo os datos do programa, xa se rexistraron 170 solicitudes no proxecto e estímase que arredor do 60% das persoas interesadas precisan información máis clara sobre as axudas e subvencións públicas dispoñibles para afrontar grandes reformas.

A sesión está dirixida tanto a persoas que desexen rehabilitar a súa vivenda como a propietarios que estean valorando dar un uso aos seus inmobles mediante a súa cesión ou transmisión.

O asesoramento terá lugar o luns 15 de xuño, entre as 09:30 e as 14:00 horas, na Casa do Concello. Desde a organización anímase á veciñanza a achegarse para recibir información e resolver dúbidas sobre o proceso de rehabilitación e as distintas opcións dispoñibles.

0.12309789657593