O Supremo inadmite o recurso do Concello de Ourense contra a sentenza que anulou o cesamento do interventor

GaliciaXa | OurenseXa
Os feitos remóntanse a 2024, cando o goberno local cesou ao funcionario despois de que este presentase unha demanda contra o alcalde por presunto acoso laboral
jacome-recurso
26 Jun 2026

O Tribunal Supremo, a través da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, ditou unha providencia na que acorda inadmitir o recurso de casación presentado polo Concello de Ourense contra a sentenza que anulou o cesamento do interventor municipal. Os feitos remóntanse ao ano 2024, cando o executivo local cesou ao funcionario despois de que este presentase unha demanda contra o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, por presunto acoso laboral.

A resolución xudicial é de carácter estritamente procesual e non entra a analizar o fondo do asunto. O Supremo limita a inadmisión ao considerar que o caso “carece de interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia”.

O procedemento está vinculado á sentenza número 520/2025 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na que se avaliaba a potestade da Administración local para a remoción do interventor xeral.

Na súa providencia, o Tribunal Supremo fundamenta a ausencia de interese casacional obxectivo no “casuísmo que preside as cuestións suscitadas”, ao tratarse dun litixio centrado en “aspectos fácticos e circunstanciados”, como a avaliación do desempeño específica.

O alto tribunal engade que un “pronunciamento ad casum” é “incompatible co vixente sistema casacional”, cuxa función é a unificación do dereito e non a resolución de particularidades de casos concretos.

O Concello de Ourense xa anunciou que recorrerá ante o Tribunal Constitucional.

0.12458992004395