O 59 Rally de Ourense Recalvi contará con preto de 150 quilómetros de tramos cronometrados

GaliciaXa | OurenseXa
O percorrido atravesará os concellos de Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Arnoia, ademais da cidade de Ourense
Rally de Ourense 2024
2 Jun 2026

A Escudería Ourense presentou o percorrido do 59 Rally de Ourense Recalvi, unha proba que contará nesta edición con preto de 150 quilómetros cronometrados distribuídos en seis tramos que se disputarán a dobre pasada.

O percorrido atravesará os concellos de Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Arnoia, ademais da cidade de Ourense, polas cuxas estradas e rúas pasarán algúns dos principais pilotos do campionato.

A competición arrancará o venres 12 de xuño co tradicional shakedown e o tramo de cualificación, que se celebrarán pola mañá no Pereiro de Aguiar. Nesa mesma xornada terá lugar a primeira etapa, composta por tres tramos a dobre pasada: Amoeiro, San Amaro-Cenlle e Ribadavia-Arnoia, con final previsto a medianoche.

O sábado disputarase a segunda etapa, con tres especiais tamén a dobre pasada: Taboadela, A Merca-Celanova e Cartelle-Toén. Este último será o tramo máis longo da proba e, na súa primeira pasada, exercerá ademais como TC-Plus, puntuable de forma especial para a clasificación.

0.12144780158997