Barbadás denuncia que a Xunta "leva 13 anos sen mellorar o Fondo de Cooperación Local"

OurenseXa
“Precisamos financiamento porque cada día estamos asumindo competencias que non lle corresponden ao Concello, o que é sumamente inxusto”, reiteran desde o Concello de Barbadás
Representantes do Concello de Barbadás abordan novas liñas de colaboración co Goberno Central
10 Xul 2024

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, denuncia que o Goberno Autonómico "leva 13 anos sen mellorar o Fondo de Cooperación Local”.

"Precisa financiamento porque cada día estamos asumindo competencias que non lle corresponden ao Concello, o que é sumamente inxusto”, sinalou Valcárcel nun encontro mantido co subdelegado de Goberno en Ourense, Eladio Santos, nas instalacións municipais. Así, o alcalde de Barbadás puxo en valor “a achega de 4.800 millóns de euros por parte do Goberno Central a comunidades autónomas e concellos, da que 500.000 euros lle corresponderán a Barbadás".

Entre outras cuesstións, Santos e Valcárcel acordaron buscar fórmulas de colaboración para achegar a banda ancha e a telefonía móbil a todos os pobos, así como para a construción dun centro multiusos, explican desde o Concello. O encontro xirou entorno á busca de melloras no financiamento para algúns dos servizos que presta o concello, como o Servizo de Axuda no Fogar.

Outra cuestión relevante, indican desde o Concello, foi o establecemento de fórmulas de colaboración co Goberno Central para a construción dunha casa da cultura ou centro multiusos en Barbadás, así como para as actividades que se desenrolarán o próximo ano con motivo do centenario da escritora universal Carmen Martín Gaite, en cuxa obra hai unha presenza importante de San Lourenzo de Piñor por ser o lugar onde pasaba as súas vacacións cando era nena.

Eladio Santos amosou a súa determinación de colaborar en todas cuestións trasladadas, tratando de implicar ao Goberno de España no seu desenrolo e sinalando a Barbadás como unha prioridade para a Subdelegación polo peso específico da vila a nivel provincial e polas súas moitas peculiaridades.

0.18536019325256