O alcalde de Cortegada traspasa todas as súas funcións ao primeiro tenente de alcalde

OurenseXa
A medida, coñecida hoxe a través do Boletín Oficial da Provincia, outorga ao concelleiro todas as competencias municipais con carácter indefinido mentres se manteñan as circunstancias que a motivaron
firma_recurso
Imaxe de arquivo ilustrativa
26 Oct 2026

O Concello de Cortegada deu a coñecer hoxe, a través do Boletín Oficial da Provincia (BOP), unha resolución da Alcaldía pola que se delega a totalidade das súas atribucións no primeiro tenente de alcalde, José Víctor González Vázquez.

A decisión, asinada o pasado 21 de outubro, establece que González Vázquez asumirá en réxime de substitución todas as competencias que ata agora correspondían ao alcalde. Esta delegación terá carácter indefinido, é dicir, manterase vixente mentres persistan as circunstancias persoais que a motivaron, sen que por agora se concretase unha data de finalización.

Na práctica, isto significa que será o primeiro tenente de alcalde quen, de forma temporal, dirixa o día a día do Concello cortegadés, asumindo tanto as tarefas de xestión ordinaria coma a representación institucional do municipio, ata que o propio alcalde recupere o exercicio pleno das súas funcións.

0.17684602737427