O Concello de Ourense recibe á rapazada do Club Atletismo Ourense

OurenseXa
O Club Atletismo Ourense Sub14, masculino e feminino, que subiu ao podio no campionato galego recentemente disputado na súa categoría, foi recibido polo alcalde de Ourense
O alcalde de Ourense recibe á rapazada do Club Ourense Atletismo
11 Xul 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e concelleiros do goberno municipal recibiron no salón de plenos o Club Atletismo Ourense Sub14, masculino e feminino, que subiron ao podio no campionato galego recentemente disputado na súa categoría, e as 3 atletas ourensáns que competiron coa selección galega absoluta: Manuela Blanco (na modalidade de salto con pértega), Blanca Pereira (lanzamento de martelo) e María Ezquerro (lanzamento de disco).

O alcalde felicitou as deportistas, as adestradores e a directiva do equipo polos magníficos resultados acadados esta temporada, aos que se suma que o equipo feminino foi este ano campión galego absoluto en pista cuberta e subcampión galego na competición ao aire libre. O equipo ourensán agrupa 350 atletas.

0.19415807723999