O alcalde de Ourense felicita ao Ximnasia Burgas polos resultados no Campionato de España de ximnasia acrobática

OurenseXa
O equipo sénior foi campión e o júnior quedou terceiro na competición desenvolvida en Canarias, na que participaron máis de 700 deportistas
O alcalde de Ourense recibe ao Club Ximnasia Burgas
12 Jul 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron este xoves no salón de plenos os equipos das categorías sénior e júnior do Clube Ximnasia Burgas, que se proclamaron 1º e 3º, respectivamente, no Campionato de España base de ximnasia acrobática que se disputou en Canarias, no que participaron máis de 700 deportistas.

Alcalde e tenente de alcalde felicitaron a deportistas e adestradoras polos seus éxitos deportivos, “que falan moito e moi ben do voso talento. Para nós é un orgullo que representedes a nosa cidade tan ben”, manifestaron. Tamén lles trasladaron a vontade e o compromiso do goberno municipal de seguir traballando para que a ximnasia ourensá conte cun pavillón polideportivo específico para a súa práctica na cidade.

0.14379715919495