O alcalde de Ourense recibe a Carlota Álvarez, subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba

OurenseXa
A deportista ourensá entrará vindeiro ano no Centro de Alto rendemento e Tecnificación deportiva do Consello Superior de Deportes de Madrid
O alcalde de Ourense recibe á deportista ourensá Carlota Álvarez
25 Jul 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, recibiu esta mañá no Salón de Plenos á porteira ourensá do equipo Albor que vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 coa selección española feminina. Estivo acompañada pola súa familia e por Aníbal Gamallo, presidente do Club Hockey Albor.

A porteira ourensá, Carlota Álvarez, que xoga ao hockey desde os nove anos, agora con 16, non deixa de acumular éxitos. Foi convocada para participar nunha concentración coa selección española absoluta de hockey sala para logo disputar o EuroHockey de Sala a principios de ano en Berlín.

O vindeiro ano, Carlota Álvarez, entrará no Centro de Alto rendemento e Tecnificación deportiva do Consello Superior de Deportes de Madrid, onde continuará os seus estudos de Bacharelato e fichará polo afamado Club de Campo Villa de Madrid.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13398504257202