O alcalde de Ourense recibiu á deportista ourensá Uxía Romero

OurenseXa
Uxía Romero é a primeira deportista internacional de halterofilia da cidade en máis de 25 anos e tamén a primeira en traer a Ourense unha medalla europea neste deporte
Uxía Romero e Gonzalo Pérez Jácome
Uxía Romero e Gonzalo Pérez Jácome
21 Nov 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos á halterófila ourensá, Uxía Romero, con motivo da súa recente participación no Campionato de Europa Júnior en Raszyn (Polonia), o pasado 29 de outubro.

A ourensá Uxía Romero é a primeira deportista internacional de halterofilia en máis de 25 anos e é a primeira en traer, para a nosa cidade, unha medalla europea neste deporte. Uxía conseguiu proclamarse subcampioa de Europa Júnior cun total olímpico de 194 Kg: 85 Kg en arrincada, conseguindo o 4º posto neste movemento, e 109 Kg en dous tempos, o que lle suporía o bronce.

A categoría júnior (sub-20) supón unha transición entre a categoría base e a absoluta e onde aínda lle queda un ano a Uxía.

O alcalde e a levantadora falaron dos próximos obxectivos desta, especificando que as súas miras están postas en acadar un alto nivel en categoría absoluta, mentres agarda seguir traendo para a cidade medallas no vindeiro ano 2025. Esta deportista de alto rendemento foi animada polo alcalde a seguir adestrando para conseguir esas metas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.23141503334045