O Alumnado de Relacións Internacionais de Ourense participa nunha simulación sobre o funcionamento da ONU

OurenseXa
70 alumnos e alumnas de Relacións Internacionais do Campus de Ourense da UVigo e do Campus Industrial de Ferrol xuntaranse este venres para debatir sobre temas de actualidade recollidos na axenda da ONU
campus-de-ourense-rrii
Campus de Ourense
3 may 2024

70 estudantes do Grao de Relacións Internacionais do campus de Ourense da UVigo e do Campus Industrial de Ferrol da UDC participarán este venres nunha simulación sobre o funcionamento da Organización das Nacións Unidas (ONU).

A xornada, denominada 'O Modelo de Nacións Unidas (MUN)' desenvolverase ao longo da mañá. O alumnado poñerase na pel das embaixadoras e embaixadores da ONU para tratar temas de actualidade recollidos na axenda das Nacións Unidas.

Unha actividade pioneira organizada por dúas alumnas da faculdade de Ferrol, Sofía Castrillón e Teresa Hermida, na que os mozos e mozas poderán debatir sobre a invasión de Iraq por parte dos Estados Unidos, a trata de mulleres e os refuxiados de Siria.