O BNG de Xunqueira de Ambía reclama por terceira vez o arranxo das lousas soltas diante do Concello

A formación nacionalista denuncia que as pezas levantadas continúan supoñendo un risco para as persoas que transitan pola zona e pide unha solución definitiva
lousas-levantadas-praza-concello-de-xunqueira-de-ambia
15 Jul 2026

O BNG de Xunqueira de Ambía volveu reclamar no último pleno municipal o arranxo das lousas soltas situadas diante do Concello, unha petición que, segundo a formación, xa trasladou en tres ocasións consecutivas.

Desde o grupo nacionalista sinalan que as pezas continúan levantadas e que esta situación representa un perigo para a veciñanza e para todas as persoas que pasan diariamente por este espazo.

O BNG critica que, malia as advertencias realizadas en plenos anteriores, o problema segue sen resolverse. A formación indica que se trata dunha actuación de mantemento “sinxela de solucionar” e que afecta á seguridade das persoas usuarias da vía pública.

Neste sentido, a organización lembra que no pasado pleno o goberno do PP aprobou reducir a dedicación do responsable de obras, ao tempo que o alcalde defendía que se trata dun “gran profesional”.

O BNG de Xunqueira de Ambía asegura que continuará insistindo para que o arranxo se execute de maneira definitiva e reclama que o mantemento dos espazos públicos se atenda antes de que se produzan incidentes.

0.12811017036438