O BNG denuncia que o goberno de Jácome “leva máis de cinco anos ignorando as programacións de igualdade”

OurenseXa
Os nacionalistas sinalan que “a propia Concelleira traslada os cartos que son para as mulleres, para igualdade, a outras Concellarías, porque non queren adicar nin o máis mínimo”
Erea Blanco e Rhut Reza
Erea Blanco e Rhut Reza
22 Nov 2024

No marco da campaña nacional do BNG con motivo deste 25 de novembro, día Internacional contra a violencia machista, o Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense alerta de que esta data “non se convirta nunha simple efémeride na que as institucións fan un lavado de cara lila no lugar de cuestionarse como avanzar”. Neste sentido, o BNG sinala que “o Grupo de Goberno adícase a encher a programación do 25N coa programación anual de funcionamento do CIMM, algo que xa aconteceu o 8M”.

A concelleira nacionalista Erea Blanco afirma que, “non invisten en igualdade, é máis, a propia Concelleira traslada os cartos que son para as mulleres, para igualdade, a outras Concellarías, porque non queren adicar nin o máis mínimo” e engade, “o Concello de Ourense leva máis de cinco anos ignorando as programacións de igualdade”.

Desde o BNG apuntan que “non é só a cuestión de que non invistan en igualdade, é que a Concelleira Noa Rouco, non se ocupa da Concellaría e nin sequera presenta un comportamento proactivo para a incorporación do persoal necesario para o correcto funcionamento do CIMM, unha traballadora social e unha psicóloga, xa que, por exemplo, este último posto está ocupado a día de hoxe pola directora”.

Tanto a Concelleira Rhut Reza como a Concelleira Erea Blanco, en Xuntas de Área e no propio Consello Municipal de Igualdade levan meses alertando do progresivo desmantelamento da área de Igualdade. “Xa avanzaron a súa falta de vontade co peche, de facto, do edificio da rúa do ensino por mor do radón, desprazaron o emprazamento do CIMM e non puxeron nin o máis mínimo esforzo en solucionar o problema”. ademais sinalan que, “xa demostraron que pretenden que o Consello Municipal de Igualdade sexa unha liturxia bianual para lavar a cara das políticas que, desde logo, non teñen pensado desenvolver”.

Así, o BNG afirma que non vai deixar de reclamar recursos e servizos para Igualdade, “a loita contra a violencia machista é unha loita de 365 días no ano e non unha cuestión de efermérides, é unha responsabilidade colectiva e desde o Concello de Ourense debemos impulsar recursos e medidas para protexer a vida das mulleres e erradicar o machismo”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19586706161499