O BNG rexeita a externalización anunciada polo Concello de Ourense dos traballos do PEP-OU

OurenseXa
Os nacionalistas defenden o traballo realizado polos técnicos do PERI e sinalan que “non é de recibo que o Goberno veña a anunciarnos a externalización dos mesmos e que o propio Goberno estima nuns 400.000 euros”
Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense
Luis Seara
10 Apr 2025

Este xoves celebrouse no Concello de Ourense, logo de tres anos sen facelo e pese ás reiteradas solicitudes formuladas ao longo deste tempo tanto polo BNG como polo resto de Grupos da Oposición, unha nova reunión da Comisión de seguimento do PEP-OU.

O Portavoz municipal da formación nacionalista e membro da Comisión Luís Seara sinalaba ao remate da mesma que “o que se nos trasladou é que o Goberno vai externalizar os traballos de redacción do proxecto e que a partir de ahí xa se irá vendo”. Seara deixa clara a postura do BNG a este respecto, “nós estamos radicalmente en contra da externalización dos traballo” e engade, “houbo un traballo moi bo feito polos técnicos da casa, nomeadamente os da Oficina de Rehabilitación (PERI) que desmantelou este Goberno Local, polo tanto é materialmente imposible que cando desmantelas a oficina e estás reducindo medios humanos os traballos podan avanzar en tempo e forma”.

Seara bótalle en cara ao Executivo local que “nos últimos tres anos non se tivera convocada a Comisión, o que deriva nesta situación de impás e agora ao Goberno éntranlle as presas e decide retomalos a través dunha empresa externa e gastando preto de 400.000 euros”.

O Grupo municipal do BNG ten claro que “os mellores para facer este traballo son os técnicos da desmantelada oficina do PERI por unha razón fundamental, porque son os que coñecen a realidade da cidade e en particular a realidade da zona histórica polo que desde o noso punto de vista teñen o aval en canto a coñecementos, profesionalidade e capacidade para poder desenvolver un proxecto destas características”.

⚙ Configurar cookies
0.17274618148804