O BNG solicita explicacións sobre o estado do proceso de licitación do transporte público municipal en Ourense

OurenseXa
Alertan de que logo da anulación da licitación, o atraso na tramitación da renovación da concesión no Concello, “está afectando directamente á posta en marcha do transporte metropolitano”
Rhut Reza, Luís Seara, Erea Blanco e Xosé Manuel Puga, grupo municipal do BNG no Concello de Ourense
Grupo Municipal do BNG en Ourense
4 Feb 2025

O Grupo municipal do BNG rexistrou dúas preguntas para o Pleno do Concello de Ourense que se celebrará este venres 7 de febreiro, referidas ao estado do proceso de licitación do Servizo de Transporte Colectivo Urbano. As preguntas foron presentadas conforme ao Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello.

Segundo indican os nacionalistas nas preguntas rexistradas, o pasado 16 de decembro de 2024, a Xunta de Goberno Local acordou anular o expediente de contratación do Servizo de Transporte Colectivo Urbano debido aos recursos presentados contra os pregos de contratación. Esta anulación obrigou á elaboración dun novo expediente, co fin de corrixir os erros e omisións detectados.

Dado que a licitación deste servizo é fundamental para a implementación do transporte metropolitano, no que se está a traballar actualmente, o BNG solicita ao Goberno Local que aclare o estado no que se atopa o novo expediente do Servizo de Transporte Colectivo Urbano, así como as datas previstas para a súa

0.1718270778656