O Campus Atlético de Madrid chega a Ourense e Baños de Molgas

As instalacións da Asociación Deportiva Bosco Salesianos Ourense acollen ata o 11 de xullo o Campus Atlético de Madrid, unha iniciativa deportiva e formativa que foi presentada oficialmente no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Durante seis días, os mozos e mozas participantes adestrarán seguindo a metodoloxía oficial da canteira do Atlético de Madrid, baixo a dirección de técnicos especializados do club. As sesións desenvolveranse nos campos dos Salesianos, unhas instalacións preparadas para ofrecer unha experiencia que combina formación deportiva, aprendizaxe e lecer.
O campus conta co patrocinio principal da empresa ourensá Solgaleo e coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Baños de Molgas.