O Campus de Fútbol Mixto de Allariz pon o punto final ás súas xornadas no campo do Seixo

OurenseXa
A actividade rematou coa entrega de diplomas aos nenos e nenas participantes
campus-futbol-mixto-allariz
14 Aug 2026

O campo do Seixo acolleu a entrega de diplomas do Campus de Fútbol Mixto organizado por Ociosaugal, unha actividade na que colaborou o Concello de Allariz e que pechou unhas xornadas centradas no deporte, a aprendizaxe e o compañeirismo.

O concelleiro de Deportes, Carlos Puga, asistiu en representación do Concello de Allariz ao acto de clausura, no que felicitou aos nenos e nenas que participaron nesta actividade deportiva.

0.14290189743042