O Campus de Ourense acolle unha xornada para visibilizar a importancia das mulleres na historia
A Facultade de Historia do campus de Ourense organizou este xoves a xornada Mulleres no tempo, unha serie de conferencias que teñen por obxectivo visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia.
Logo da boa acollida deste ciclo, dende o Campus de Ourense aseguran que teñen previsto celebrar unha segunda sesión o 31 de octubro deste mesmo ano.
O decano da Facultade de Historia, Julio Parada, destacou na presentación a importancia dentas xornadas entre o alumnado para visibilizar "a existencia de temáticas transversais ás diferentes áreas e abordar unha especie de viaxe do tempo que lles permitise reflexionar sobre diversos aspectos da historia das mulleres". Ademais, destacou a necessidade de reflexionar sobre a "vella polémica que ten as súas implicacións metodolóxicas na historia" que é “a de responder á pregunta de se a inclusión das mulleres nas investigacións sobre o pasado debe servir simplemente para ampliar a historia ou para reinterpretala desde unha óptica de xénero”