O Campus de Ourense acolle unha xornada para visibilizar a importancia das mulleres na historia

OurenseXa
A xornada "Mulleres no Tempo", organizada pola Facultade de Historia do Campus de Ourense, ten como obxectivo poñer en valor o papel das mulleres en diferentes momentos históricos
xornada-mulleres-na-historia-campus-ourense
Xornada
Redacción Ourensexa
26 abr 2024

A Facultade de Historia do campus de Ourense organizou este xoves a xornada Mulleres no tempo, unha serie de conferencias que teñen por obxectivo visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia.

Logo da boa acollida deste ciclo, dende o Campus de Ourense aseguran que teñen previsto celebrar unha segunda sesión o 31 de octubro deste mesmo ano.

O decano da Facultade de Historia, Julio Parada, destacou na presentación a importancia dentas xornadas entre o alumnado para visibilizar "a existencia de temáticas transversais ás diferentes áreas e abordar unha especie de viaxe do tempo que lles permitise reflexionar sobre diversos aspectos da historia das mulleres". Ademais, destacou a necessidade de reflexionar sobre a  "vella polémica que ten as súas implicacións metodolóxicas na historia" que é “a de responder á pregunta de se a inclusión das mulleres nas investigacións sobre o pasado debe servir simplemente para ampliar a historia ou para reinterpretala desde unha óptica de xénero”