O Campus de Ourense analizará o impacto da IA nos dereitos humanos

OurenseXa
A cita está organizada pola Facultade de Dereito e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, e enmárcase nas actividades da iniciativa Datatransco
Edicificio_ferro_Uvigo_Ourense
Edificio de Ferro, campus de Ourense
21 may 2024

O campus de Ourense acollerá, do 5 ao 7 de xuño, o curso 'Os dereitos fundamentais ante a intelixencia artificial: cuestións técnicas, éticas e xurídicas', que afondará no impacto que o desenvolvemento da intelixencia artificial (IA) ten sobre os dereitos humanos.

A cita, organizada pola Facultade de Dereito e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, enmárcase nas actividades da iniciativa Datatransco 'A conciliación do dereito á protección de datos co cumprimento polos poderes públicos do deber de transparencia e de loita contra a corrupción', un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

A cita contará con numerosos expertos no sector que afondarán sobre o que supón a nova realidade tras a chegada da Intelixencia Artificial e o que supón sobre a vida e os dereitos das persoas.