O Carballiño actualiza os semáforos de Catro Camiños para reforzar a seguridade viaria

O Concello do Carballiño está a renovar o grupo semafórico de Catro Camiños, un dos cruces con maior intensidade de tráfico da vila. A actuación, impulsada a través da Concellería de Seguridade, contempla a substitución das
Os traballos teñen como obxectivo mellorar a circulación e a seguridade tanto das persoas peóns como dos condutores, ademais de favorecer a accesibilidade neste punto da localidade. “É unha intervención moi demandada e moi necesaria, xa que se trata dun cruce moi utilizado pola poboación”, destaca o edil de Seguridade, Alberto Otero.
A intervención inclúe tamén a renovación das sinais luminosas situadas no casco urbano, o que suporá un investimennto total 80.000 euros.
A renovación dos semáforos forma parte das actuacións desenvolvidas pola Concellería de Seguridade para reforzar a seguridade viaria no municipio. Nos últimos meses, o Concello tamén realizou traballos de repintado da sinalización horizontal en diferentes rúas da vila.