O Carballiño incorpora oito efectivos para reforzar a prevención e a loita contra os incendios

O Concello do Carballiño incorporou dúas brigadas destinadas á prevención e loita contra os incendios forestais mediante un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia.
Os dous equipos estarán operativos durante os próximos tres meses e estarán formados por un total de oito persoas: dous xefes de brigada, dous condutores e catro peóns.
Entre as súas funcións estará a realización de traballos de limpeza e desbroce en camiños e pistas forestais, así como a participación nas tarefas de extinción de incendios forestais cando sexa necesario.
As dúas brigadas pasarán a formar parte do Servizo Municipal de Emerxencias do Carballiño, reforzando os efectivos que xa desenvolven diariamente labores relacionados coa prevención no municipio.