O Carballiño pon en marcha un concurso de decoración nadalega con 900 euros en premios

OurenseXa
Comercios e establecementos de hostalaría do municipio poderán inscribirse ata o 11 de decembro para optar aos galardóns repartidos en dúas categorías
nadal-recurso
Imaxe de arquivo ilustrativa
26 Nov 2026

O Concello do Carballiño abriu a convocatoria do seu concurso de decoración de Nadal 2026, unha iniciativa coa que o Consistorio pretende recoñecer o esforzo que comerciantes e hostaleiros dedican cada ano a engalanar os seus locais durante estas datas.

Poderán participar no certame todos os establecementos comerciais e de hostalaría do municipio, sen que exista límite ningún no número de participantes nin restrición algunha en función do tipo de actividade ou da titularidade do negocio.

Quen desexe presentarse deberá formalizar a súa inscrición por escrito, ben a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Rexistro do Concello. O prazo estenderase ata as 12.00 horas do 11 de decembro.

Para esta edición, o Consistorio destinou un total de 900 euros, cantidade que se repartirá en dúas categorías diferenciadas: comercio e hostalaría. En cada unha delas outorgaranse tres premios: 200 euros para o primeiro posto, 150 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro.

A selección dos locais gañadores realizarase mediante concorrencia competitiva, a través dun xurado cuxa decisión deberá ser ratificada posteriormente polo órgano municipal competente. O fallo será inapelable e os premios entregaranse directamente nos propios establecementos premiados.

0.1934928894043