O Club de Hípica Allariz acadou o primeiro posto na VIII Copa Deputación de Doma Clásica

OurenseXa
Ademais, proclamouse campión na Liga Interclubs
Club Hípica Allariz
Club de Hípica Allariz
24 Oct 2024

O Club de Hípica Allariz vén de acadar o primeiro posto na Liga Interclubs e na Copa Deputación de Doma Clásica. Os campionatos tiveron lugar a pasada fin de semana en Sandías.

A Copa Deputación de Doma Clásica celebrou este ano a súa décima oitava edición, e estivo organizada polo Club Deportivo Ecuestre de Ourense, un dos referentes da provincia na práctica da equitación, pertencente á Federación de Hípica Galega e homologado con dous estribos.

0.1712372303009