O Club Marbel recoñece o esforzo e os valores do alumnado de xudo coa entrega de medallas da tempada

O curso de xudo 2025-2026 no Ximnasio Marbel rematou coa tradicional entrega das medallas do Concurso Técnico e dos premios Jita Kyoei, nun acto celebrado no mes de xuño nas instalacións do centro, situadas na rúa Cardenal Quevedo, número 2.
O Concurso Técnico baséase nunha folla de méritos que cada participante conserva durante toda a tempada e na que se contabilizan diferentes aspectos relacionados coa práctica deportiva. Entre eles atópanse a constancia, o traballo realizado, o comportamento, os coñecementos da terminoloxía do xudo, a participación en competicións e a progresión ao longo do curso.
Ao remate da tempada, as persoas que acumularon máis puntos na súa categoría recibiron unha medalla como recoñecemento. A clasificación estableceuse segundo a cor dos cintos e por cada grupo de clase, que no caso do Ximnasio Marbel se dividiu en tres grupos.
Os premiados nesta edición foron:
Infantil grupo 1
- Cinto branco: Marco Lorenzo
- Cinto branco-amarelo: Marcos Kaiser
- Cinto amarelo: Carmen Pérez
- Cinto amarelo-laranxa: Vanesa Fedulova
- Cinto laranxa: Luca Verdeal
- Cinto laranxa- verde: Pablo Blanco e Manuel Puga
- Cinto verde: Noa Molina
Infantil grupo 2
- Cinto branco-amarelo: Carlos Otero
- Cinto amarelo: Diego Couso
- Cinto amarelo-laranxa: Julia Fernández
- Cinto laranxa: Olivia Fernández
- Cinto verde: Álvaro Seoane
Cadetes
- Cinto amarelo: Martín Vidal
- Cinto amarelo-laranxa: Ainoa Vázquez
- Cinto laranxa: Héctor Freire
- Cinto laranxa-verde: Brais Freire
- Cinto verde: Carla Seoane
Ademais destas distincións, o Ximnasio Marbel tamén entregou os premios Jita Kyoei, unha expresión xaponesa que significa “prosperidade mutua” e que representa un dos principios fundamentais da filosofía do xudo.
Estes recoñecementos están destinados a poñer en valor actitudes como a axuda aos demais, a creación dun bo ambiente no grupo, a colaboración nas actividades do club ou a capacidade de superar dificultades.
Nesta tempada, as persoas distinguidas con este premio foron:
- Lelia López Santamaría, no grupo Infantil 1.
- Miguel Lázaro Rubira, no grupo Infantil 2.
- Julio Iglesias, na categoría cadete.