O Club Piragüismo Ourense proclámase campión por equipos na segunda regata provincial da Copa Deputación de Piragüismo 2026

OurenseXa
Preto de 100 deportistas dos clubs da provincia participaron na competición celebrada en Castrelo de Miño
regata-provincial-piragüismo-castrelo-de-miño
12 Jul 2026

O encoro de Castrelo de Miño foi escenario este sábado da segunda regata provincial de piragüismo, puntuable para a Liga Ourensá-Copa Deputación de Ourense 2026. A cita reuniu preto de 100 deportistas pertencentes aos distintos clubs da provincia.

A competición estivo organizada polo Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Castrelo de Miño. As probas desenvolvéronse ante numeroso público, cun percorrido de 1.000 metros para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín, de 2.000 metros para infantil e de 4.000 metros para cadete.

Os vencedores por categorías foron Nicolás Andrés (cadete masculino, Fluvial Avión-Castrelo de Miño), Ainoha Álvarez (cadete feminino, Fluvial Avión-Castrelo de Miño), Thiago Paz (infantil A masculino, Piragüismo Ourense), Vega Fernández (infantil A feminino, Fluvial Avión-Castrelo de Miño), Gabriel Chávez (infantil B masculino, Piragüismo Ourense), Isabella Rodríguez (infantil B feminino, Piragüismo Ourense), Guillermo Dacruz (benxamín A masculino, Fluvial Allariz), Hannah Carvajal (benxamín A feminino, Piragüismo Ourense), Mauro Quintas (benxamín B masculino, Fluvial Allariz), Carla Varela (benxamín B feminino, Piragüismo Ourense), Nicolás Carbajal (alevín A masculino, Piragüismo Ourense), Jara Paz (alevín A feminino, Piragüismo Ourense), Asier Mora (alevín B masculino, Fluvial Avión-Castrelo de Miño), Ximena González (alevín B feminino, Náutico Ribeiro), Martín Álvarez (prebenxamín masculino, Fluvial Avión-Castrelo de Miño) e Maia Sophie Carbajal (prebenxamín feminino, Piragüismo Ourense).

Na clasificación xeral por clubs, o primeiro posto foi para Piragüismo Ourense, seguido do Náutico Ribeiro e do Fluvial Avión-Castrelo de Miño. Completaron a clasificación o Fluvial Allariz, o S.C.D.X. Fontefría (Muiños) e o Fluvial O Barco.

0.13069796562195