O Club Ximnasia Burgas logra catro podios no Campionato Nacional de Acrobática en Granada

OurenseXa
O equipo ourensán destacou nunha competición con máis de 200 grupos e 25 clubs de toda España
ximnasia-burgas-nacional-base
21 May 2026

O Club Ximnasia Burgas acadou un excelente resultado no Campionato Nacional de Acrobática celebrado en Granada, unha cita que reuniu máis de 200 grupos procedentes de máis de 25 clubs de todo o país.

O conxunto ourensán conseguiu catro podios nacionais, cun dos seus maiores logros no subcampionato absoluto por equipos, categoría na que competían nove clubs no máis alto nivel da competición.

Na categoría júnior, o Burgas logrou o terceiro posto por equipos entre 15 clubs participantes. Ademais, nesta mesma categoría, o trío formado por Aira García, Jimena Gómez e Miguel Valverde asinou unha destacada actuación, conseguindo o subcampionato xeral e tamén o segundo posto no exercicio dinámico.

Na categoría alevín, o club sumou outro podio cun terceiro posto por equipos entre 19 clubs. As ximnastas máis novas, de entre 7 e 10 anos, moitas delas debutantes nesta competición nacional, foron unha das sorpresas do campionato pola súa boa actuación.

Pola súa parte, o equipo cadete pechou a participación cun meritorio oitavo posto entre 22 clubs, nunha categoría especialmente esixente.

0.10226488113403