O Club Ximnasia Burgas logra cinco medallas no Trofeo Acrobática de Gondomar

OurenseXa
O equipo ourensán pechou a competición con dous ouros, dúas pratas e un bronce nas categorías escolares e base femininas
poodio-ximnasia-burgas
11 May 2026

O Club Ximnasia Burgas logrou cinco medallas no Trofeo Acrobática de Gondomar, celebrado este domingo 10 de maio no pavillón municipal da localidade e no que participaron ximnastas dos sete clubs máis destacados de Galicia nesta disciplina.

O equipo ourensán pechou a competición con dous ouros, dúas pratas e un bronce nas categorías escolares e base femininas.

Un dos triunfos chegou na categoría Escolar Alevín, onde a parella formada por Aldara González e Sara Lorenzo acadou o primeiro posto, por diante de dúas formacións do club Flic-Flac de Vigo. Tamén subiron ao máis alto do podio Clara Pereira e Fátima Pereira, vencedoras na categoría Escolar Absoluto.

Nesa mesma categoría, as súas compañeiras Xela Cid e Celtia Silva conseguiron a medalla de prata. Outro segundo posto foi para Moraima Nóvoa e Erea Diz na categoría Base Alevín, mentres que Lía Blanco e Carla Varela completaron a participación do Burgas cun terceiro posto na mesma categoría.

Nesta ocasión, o club competiu cun grupo reducido de ximnastas das categorías escolares, alevíns e infantís base, xa que os conxuntos de maior idade están centrados na preparación do Campionato Nacional, que se disputará en Granada entre o 19 e o 24 de maio. O Burgas contará nesa cita estatal con 33 ximnastas.

0.120609998703