O Club Ximnasia Burgas logra nove títulos por equipos e máis de 70 medallas individuais no Campionato Galego de Trampolín

GaliciaXa | OurenseXa
O club ourensán proclamouse campión galego nas tres modalidades Base e sumou numerosos podios nas categorías Escolar e Élite
club-xinasia-burgas
22 Jun 2026

O Club Ximnasia Burgas pechou unha destacada participación no Campionato Galego Base, Élite e Escolar de Trampolín, celebrado os días 20 e 21 de xuño en Pontevedra, onde conseguiu un total de nove títulos autonómicos por equipos e máis de 70 medallas individuais.

Na categoría Base, a entidade ourensá proclamouse campioa galega en Trampolín, modalidade olímpica, en Dobre Minitramp e en Tumbling, converténdose ademais no único club galego que, ata o momento, conseguiu facerse cos títulos dos tres aparellos nunha mesma competición.

No apartado individual Base, o club sumou 12 campións galegos, seis subcampións e cinco terceiros postos.

Na categoría Escolar, o Burgas logrou tamén unha destacada actuación ao proclamarse campión galego en Trampolín feminino e masculino, en Dobre Minitramp feminino e masculino e en Tumbling feminino e masculino. A estes resultados engadiuse ademais un terceiro posto escolar en Minitramp masculino.

Na competición individual Escolar, os deportistas do club conseguiron 22 títulos de campións galegos, 18 subcampionatos e oito terceiros postos.

Na categoría Élite individual destacaron varios resultados relevantes. A ximnasta Melania Rodríguez proclamouse campioa galega absoluta en Trampolín. A deportista chega ademais a esta cita como actual campioa e plusmarquista mundial en Dobre Minitramp.

Tamén destacou a actuación de Paula Touza, que logrou o terceiro posto absoluto en Trampolín e tamén o terceiro posto absoluto en Dobre Minitramp. Actualmente é campioa de España na modalidade olímpica de Trampolín.

Pola súa banda, Uxía Rodríguez conseguiu o terceiro posto júnior en Trampolín e chega como actual subcampioa de Europa por equipos en Dobre Minitramp.

0.14823484420776