O Club Ximnasia Pavillón remata a súa participación no Campionato de España con dous equipos no top 20 nacional

OurenseXa
Os conxuntos base e absolutos do club ourensán disputaron as súas probas en Cartaxena, con resultados dispares entre as categorías infantil, xuvenil e sénior, pechando así a tempada para os equipos máis novos
Club Ximnasia Pavillón Ourense campionato Cartagena
Foto: Club Ximnasia Pavillón Ourense
23 Nov 2026

O Club Ximnasia Pavillón de Ourense puxo o ramo final á súa participación nas competicións estatais celebradas en Cartaxena, onde se disputaron tanto o Campionato de España de Conxuntos Base coma a Copa de España de Conxuntos Absolutos.

A cita comezou coa actuación do conxunto infantil, encargado de abrir a competición para a representación ourensá. As novas xinastas defenderon a súa coreografía sobre o tapiz e rematon na 99.ª posición dentro da súa categoría.

Na franxa xuvenil, o club tivo representación dobre. Por unha banda, o equipo do Club Ximnasia Pavillón realizou un exercicio sólido de principio a fin, aínda que un erro nos últimos compases lastrou a nota final; o conxunto pechou a súa actuación no posto 47. Pola outra, a Escola Pavillón, que viña dunha tempada marcada polas dificultades, non conseguiu completar o seu exercicio con fluidez e finalizou no posto 126 da clasificación.

Xa o domingo chegou o turno da Copa de Conxuntos Absolutos, reservada á categoría sénior. Nesta proba, o conxunto mixto asinou unha das actuacións destacadas da xornada para o club, conseguindo colarse entre os quince mellores do país ao clasificarse 15.º. Pola súa banda, o conxunto feminino tamén deixou boas sensacións e culminou a súa participación no posto 22 da xeral.

Co peche desta cita en Cartaxena, os equipos de categoría base dan por rematada a súa tempada, mentres que os conxuntos absolutos entran xa na recta final da súa preparación. Aos equipos sénior quédanlles só unhas poucas citas no calendario antes de medirse no Campionato de España que se celebrará en Valladolid.

0.17239999771118