O club Xirandela proclámase campión e subcampión galego en nivel promoción en Ourense

As deportistas da categoría benxamín de nivel promoción do Club Xirandela proclamáronse campioas galegas na xornada matinal celebrada este sábado en Ourense, nunha competición na que demostraron un alto nivel competitivo ao longo de toda a proba.
Pola súa banda, o equipo infantil de nivel promoción acadou o subcampionato galego na xornada de tarde, completando tamén unha actuación destacada no campionato autonómico.
Con estes resultados, ambos os conxuntos pechan unha tempada chega de éxitos, que se salda ademais co ascenso directo dos dous equipos ao nivel prebase.