O Concello da Merca continúa cos traballos de mellora da rede de abastecemento

O Concello da Merca continúa a avanzar nos traballos de mellora da rede de abastecemento municipal, co obxectivo de incrementar a eficiencia hidráulica e reducir as perdas de auga, garantindo así un servizo máis sostible e de maior calidade para a veciñanza.
As actuacións previstas inclúen intervencións en distintos puntos do termo municipal, entre eles Valdoseixo, A Merca (nas estradas OU-0202 e OU-0517), Forxás das Viñas, Faramontaos, Casal, Salpurido-Covas do Río, Corvillón e Zarracós-Oxén.
Estas obras permitirán optimizar o funcionamento da rede, minimizar posibles fugas e favorecer un uso máis responsable dun recurso esencial como é a auga.